Social Learning


As redes sociais corporativas permiten o e-learning ou social learning, creando un espazo persoal e privado que se utiliza para xerar, adquirir e compartir coñecemento dentro da organización. Os membros dos diferentes departamentos e áreas poden compartir coñecemento e información, xerando así unha rede de aprendizaxe e difusión.

versionMovil

Unha rede social corporativa permite a xestión da aprendizaxe informal das persoas nos seus postos de traballo, que supón un 80% do total. As organizacións poden participar e promover a xestión deste coñecemento a todos os seus membros.

Unha rede social corporativa permite ofrecer ás persoas, programas de formación e desenvolvemento profesional.

O uso destas redes sociais baséase no intercambio do coñecemento por parte das persoas integradas na rede social corporativa e permite mellorar a interacción e intercambio do coñecemento con outros membros do noso proceso formativo, deste xeito melloramos e ampliamos os resultados da nosa experiencia de aprendizaxe.

Unha rede social corporativa permite aprender a través do contacto e a interacción con outras persoas. O uso das ferramentas 2.0 permítenos estar en contacto cun gran número de persoas que poden encontrarse en diferentes partes do mundo e que poden achegarnos coñecemento sobre diversas áreas.
Enviouse un email para a confirmación de rexistro
O email xa existe ou non é válido
Coa tecnoloxía de: makeaNet.com
Idiomas   Galego | Español | English | Português | Français | Italiano | Русский
¿Que é MakeaNet?  |  Quen somos  |  Prezos/Productos  |  Condicións  |  Política de privacidade
¿Gústate MakeaNet?, proba
Encuesta facil
Solicitude de ingreso enviada.
Email e/ou clave incorrectos
Contrasinal enviado ao seu correo electrónico
Email non válido